#STOPlgtbiFOBIA

supoñen un “aumento cualitativo e cuantitativo” do terrorismo de extrema dereita en Galicia. A sede de Esquerda Unida en Vilagarcía xa foi branco deste movemento con pintadas ameazantes a finais de marzo de 2012.

Os feitos deste tipo empezan a ser comúns en Galicia, diversos activistas e membros da comunidade LGTBi teñen denunciado publicamente nestes anos acosos e mesmo agresións como as que vén de sufrir o noso compañeiro en Compostela, mesmo as redes son un frecuente foco de expansión das amenazas por parte destes grupos fascistas.

A executiva nacional de Esquerda Unida acusa ao goberno galego e ao ministerio de interior da súa condescendencia coa violencia da extrema dereita en Galicia, o grupo parlamentar da Esquerda Plural tamén rexistrou unha proposición non de lei para a súa próxima tramitación no Congreso, ademais do envío dunha carta ao fiscal xeral do Estado pedindo a ilegalización das organizacións de extrema dereita que actúan deste xeito en todo o Estado español.

Esquerda Unida, sae así ao paso da sucesión e o incremento de actos violentos producidos nos últimos meses e cuxo último expoñente foi o asalto protagonizado o mércores por ultradereitistas ao Centro Blanquerna, a sede cultural de Cataluña en Madrid, no día de celebración da Diada, que ocasionou cinco feridos leves, un deles hospitalizado.

Rubén Pérez, secretario de organización de Esquerda Unida considera que o ministerio de interior non ten nin estudado nin moito menos plantexado un plan de actuación serio contra esta ameaza mentres “sigue empeñado en construir unha idea de que existe outro terrorismo de carácter independentista organizado en Galicia e curiosamente reestructurar moitos dos recursos que estaban asignados á loita antiterrorista en Euskadi para ser empregados en Galicia”.

Mañá ás 10h15 na sede nacional de Esquerda Unida, o deputado Xabier Ron xunto con Noel Dopazo co-cordinador de ALEAS-EU, darán unha rolda de prensa onde informarán sobre a denuncia as agresións sufridas.

Día: martes 17 setembro

Lugar: sede nacional de EU, rúa Dublín, 8 baixo Compostela

Hora: 10h15


Relacionados