Contas que contemplan a suba dos recibos de auga aos concellos limítrofes e que na consideración da nosa organización supoñen un claro ataque antisocial para as veciñas e veciños que teñen que enfrontar unha crise económica que xa é social pola súa intensidade e prolongación no tempo.
Doutra banda, EU volve a alertar sobre os riscos asociados a emprender esta suba sen outro beneficio que o rematar litigando nos tribunais e pagando, o concello de Ferrol, unha minuta desorbitada sen obter nada a cambio. Todo por facer o xogo populista de que paguen os outros o que en realidade quere gañar de maís a empresa.
Esquerda Unida reclama a Xunta de Voceiros porque semella necesario clarexar as contas que onte o PP aprobou. Sorprende, sen contar coa documentación do consello, que as perdas que EMAFESA tiña declaradas en 2010 se convirtan en beneficios e que os números salten de vermello a azul, de perdas a beneficios, a vontade. A oposición política merecemos alomenos coñecer pormenorizadamente as contas para formarnos un xuízo propio, xuízo que vaia a favor da nosa veciñanza.
EU adianta a súa oposición a cambalaches entre o concello e a empresa concesionaria que supoñan pola vía de atrás novos pagamentos á concesionaria, que vén manifestando unha mala praxe no seu servizo: dende os cortes ao chou, mal planificados, ate esas contas de sube e baixa que nos anos pasados pretendeu que o concello pagase e que grazas a oposición pechada de EU non conseguiron facer pasar.
Por último que non menor, adiantar que EU vai retomar o tema das compensacións na vindeira comisión, dada que a contía acordada somentes merece o calificativo de ridícula: acaso 50 céntimos son a compensación axeitada para negocios que perderon días de actividade ou particulares que viron alteradas as súas actividades básicas a causa dunha pésima planificación de EMAFESA e dun nulo seguimento do concello.
Na Xunta de Voceiros abordaremos tamén a rectificación da compensación que a todas luces semella inxusta por ridícula.