Suba IBI

 

O concelleiro de economía salientaba na aprobación das ordenanzas fiscais que non se subiría a carga fiscal e para iso defendera a baixada do gravame para compensar os incrementos automáticos das bases impoñibles no IBI. O certo é que a aprobación polo Goberno do Estado do RD-Lei 20/2011 deixa en evidencia a este Goberno Municipal, o desmente e vai supor un custo engadido para unha fracción da nosa veciñanza.

 

Esquerda Unida considera inxusta unha suba que deixa de lado a medida principal que require a actual situación na actualidade na tributación do IBI: gravar aos especuladores que detentan a propiedade de centos de vivendas baleiras na nosa cidade  e especulan con elas e a súa ruína. Tal medida si suporía un paso adiante certo no que atinxe á progresividade, elemento definitorio para caracterizar as medidas de dereitas ou o servizo da maioría social traballadora.

 

Esquerda Unida reclama ao Goberno Municipal que inste ao do Estado a desenvolver regulamentariamente o precepto contido na Lei de Facendas Locais que contempla gravar de maneira extraordinaria ás vivendas baleiras. Desenvolvemento que o PP e antes o PSOE deixan de lado nunha aposta implícita por aceptar  e promover  a especulación inmobiliaria.

 

Yolanda Díaz reclama do Goberno Municipal que elabore un informe que clarexe nestes días o impacto da suba decretada por Rajoy para a nosa veciñanza.  Esquerda Unida levará o asunto á vindeira comisión de economía do concello para que o Goberno de as explicacións axeitadas e tome posición  en relación co decreto aprobado polo Goberno do Estado.

 

Relacionados