Suba tarifas ecolas infantís

 

 

Esquerda unida rexeita o aumento das tarifas nas escolas infantís por supoñer un novo ataque a economía das familias coruñesas que xa veñen sufrindo a crise xerada polas políticas neolibreis desenvolvidas tanto polo actual goberno conservador do PP como polo anterior do PSOE, con quen comezou a perda de dereitos sociais.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes, propón que o Goberno local paralice a suba e equilibre a economía evitando investir no despropósito de retirar a recen estreada mediana da Avda. de Oza. O Concello, nin pode, nin debe, trasladar as consecuencias da crise capitalista, incrementando as tarifas das escolas infantís nun momento que a emerxencia social na nosa cidade atópase en cifras nunca antes coñecidas.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a medida proposta polo Goberno municipal atenta contra a conciliación da vida familiar e laboral das familias traballadoras coruñesas con menos recursos, pídolle ao Sr. Alcalde que recapacite, que apoie aos coruñeses e coruñesas e, xa que logo, non aplique a devandita suba, porque o Goberno municipal ten múltiples posibilidades de facer economía, por exemplo reducindo algunha das custosas e innecesarias externalizacións de servizos en base a desenvolver unha reorganización real e efectiva e incorporar a administración electrónica de maneira decidida na xestión do Concello”.

 

Relacionados