Xa nestes pasados días, o noso Grupo manifestou a intención de formular na comisión de economía unha critica e unha demanda de rectificación, que lamentablemente – dada a falla de convocatoria das comisións, pasado o rallye do orzamento exprés – logo non foi convocada.
Soben as tarifas e prezos indirectos, os que repercuten por igual aos que teñen moito e aos que temos menos, nun exercicio pensado para favorecer ás empresas concesionarias.
Esquerda Unida demanda da alcaldía explicacións acerca de cal foi a postura mantida polo Goberno de Ferrol diante da suba proposta pola Xunta de Galicia. E como se cohonesta esta suba coa conxelación dos salarios que se está a producir no país.
Yolanda Díaz demándalle ao alcalde que RECTIFIQUE e formule unha proposta alternativa de conxelación das tarifas do transporte público urbano na nosa cidade.