Subestación eléctrica Sta. Mariña

 

Semella unánime a demanda en tal sentido e o noso Grupo    promotor da iniciativa que en forma de moción aprobou este concello – requírelle ao Goberno que primeiro informe das xestións e segundo se comprometa a impulsar este tema como prioritario. Lembrámoslle ao PP a súa posición favorable cando ocupaba os bancos da oposición e reclamámoslle coherencia nesta materia.

 

“Prioridade nada das esixencias de saúde pública e prevención e doutra banda para atender  ás posibilidades que se abren co desmantelamento en orde a acrecentar a zona verde do barrio”, segundo declarou Javier Galán.

 

Esquerda Unida manterá nos vindeiros días un novo encontro de traballo coa asociación veciñal para actualizar o amplo catálogo de necesidades e eivas insatisfeitas que a veciñanza de Santa Mariña aínda lle volvou a formular ao actual Goberno Municipal, e que restan sen resolver.

 

Nas vindeiras comisións informativas, Esquerda Unida achegará unha batería de iniciativas e preguntas encol das necesidades variadas da veciñanza do barrio para tentar acadar solucións prácticas a parálise coa que o Goberno Municipal encara a atención e mantemento do barrio.

 

Semella evidente o mal funcionamento dos  concelleiros responsables dos barrios. Cómpre reformular un xeito de relación coa veciñanza que se afinque na democracia participativa, e que de xeito horizontal produza informacións, codecisión e empoderamento nas veciñas e veciños do barrio.

Relacionados