Subvención ás aeroliñas

A estes efectos, fai agora un ano que convocou un órgano chamado “Comité de rutas” baixo o principio de que as tres instalacións galegas formaban “un aeroporto con tres terminais”, e como tal a oferta aeroportuaria debería deseñarse en conxunto co obxectivo de que os aeroportos galegos non competiran entre sí, pero sí o fixeran en detrimento do aeroporto no norte de Portugal.

A principios do mes de xullo, o Presidente da Xunta, no acto de entrega de credenciais aos becarios da Fundación Barrié, pedía “una propuesta valiente y desprovista de localismos que ayude a mejorar la coordinación de los tres aeropuertos gallegos”. Un mes despois o noso Goberno Municipal, tamén do Partido Popular, ignora esta recomendación e mediante o modificativo de crédito aprobado o luns 6 de agosto orzamenta 630.000 euros en subvencións para varias aeroliñas, entre elas a portuguesa TAP Portugalia, que desde Porto fai unha gran competencia aos nosos propios aeroportos.

En Esquerda Unida – Os Verdes parécenos paradóxico que o Goberno Local do Partido Popular financie a aeroliñas portuguesas que desde Porto fan competencia aos nosos aeroportos. Ademáis entendemos que a actitude de rebeldía do Partido Popular de Coruña concedendo subvencións a aeroliñas de modo unilateral e en contra das indicacións do Presidente da Xunta de Galicia implica un recoñecemento do fracaso dos intentos do Goberno Autonómico para construír un sistema aeroportuario galego integrado, coordinado e en condicións de competir con Porto.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os Verdes leva meses indicando a necesidade dun estudo que cuantifique o verdadeiro retorno dos investimentos de cartos públicos en subvencións e promoción turística, xa que entendemos que non se poden gastar os cartos dos tributos que paga a cidadanía sen coñecer a rentabilidade do gastado. Tamén lamentamos o fracaso do Sr. Núñez Feijoo a hora de crear un sistema aeroportuario galego.

 

Relacionados