Manifestación antitaurina

 

Esquerda Unida – Os Verdes considera que o Concello está a utilizar un subterfuxio para seguir apoiando as touradas a través de subvencións encubertas, nun basto intento de enganar á cidadanía coruñesa que rexeita maioritariamente os actos crueis cos animais. A triquiñuela consiste en utilizar a feira ecuestre como coartada para acondicionar o Coliseum para as touradas con cartos públicos. Así o IMCE instalará e engalanará a praza eo patio de cabalos, calexo, recheo de area, burladeiros, etc. con cartos dos coruñeses e coruñesas. Mais a realidade amosa que o fai como subvención encuberta ás touradas, feito que en repetidas ocasións negou de xeito público.

 

 

Relacionados