Subvención municipal taurina

Esquerda Unida denuncia que o goberno municipal outorgou o apoio institucional á empresa organizadora da feira taurina, apesares do nulo interese que as touradas espertan entre a cidadanía coruñesa. Di o refraneiro popular que nunca é tarde si a dicha é boa, máis temémonos que o mencionado debate sobre as touradas é unha simple cortina de fume para agachar o estrepitoso fracaso dunha feira arcaica e anacrónica.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistra dúas preguntas escritas sobre a conivencia do goberno local coas touradas: unha sobre a participación gratuíta da banda municipal na feira taurina e outra para coñecer si sancionará a empresa organizadora por incumprir o contrato.

A cesión da Banda Municipal de Música supón manter durante tres días a traballadores dependentes do Concello nunha actividade que se afasta, e moito, dos contextos de traballo aos que terían que asistir dende a propia Banda, para aforrarlle cartos á empresa concesionaria que, xa que logo preguntamos:

· ¿Pensa o goberno municipal preguntar á composición da Banda Municipal de Música a súa postura/opinión sobre a participación dos mesmos na feira taurina?

· ¿Canto custaron os soldos, dietas e desprazamentos dos membros da Banda Municipal de Música e do material requirido durante os tres días de touradas en 2013?

Por outra banda, O goberno municipal, paradoxalmente, a pesares de afirmar que non subsidian a celebración de festexos taurinos na cidade, incluíu no contrato da feira taurina, as necesidades de invitacións protocolarias que tiña para este espectáculo de sangue e violencia, acto que demostra o interese do goberno municipal por promover as touradas. Non hai que esquecer que o Concello da Coruña representa á totalidade da cidadanía, non só aos grupúsculos protouradas e aos grupos de presión a prol desta cruenta actividade.

· ¿Cal foi o destino e uso das invitacións de protocolo que recibiu o Concello da Coruña para a feira taurina de 2013?

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o goberno local engana á cidadanía ao garantir que non haberá subvención directa á feira, mentres agacha as subvencións indirectas outorgadas por valor de 90.000 €”.

Relacionados