Respetando a presunción de inocencia do alcalde, EU considera un despropósito que presente unha querella por unha información de prensa
EU respeta a presunción de inocencia do alcalde de Lugo cando se defende das acusacións do controvertido empresario Jorge Dorribo, quen o implica en presuntas irregularidades. Sen embargo, EU considera un despropósito que o alcalde de Lugo anuncie unha querella contra un empresario que declara no Tribunal Supremo por dous motivos fundamentais:
– As declaracións, que evidentemente poden ser falsas, se producen no marco dun proceso xudicial, e polo tanto deberá ser o propio tribunal quen xuzgue se debe actuar contra o empresario por desacato.
– Unha vez máis se filtran informacións nos medios, pero as dilixencias son secretas e non existe ningunha evidencia dos contidos desas declaracións excepto por algúns medios de comunicación. ¿Unha querella polo que dicen que dixo o declarante? En todo caso, terá que agardar ao momento no que se levante o secreto das dilixencias e o sumario.
O alcalde sinala que Dorribo debe cartos ao Concello por convenios asinados anteriormente. EU esixe que o alcalde aclare publicamente cantos convenios tiña o Concello co empresario, e que cantidades debe presuntamente á institución, así como especificar en concepto de que é cada deuda. Pese ás declaracións do alcalde as informacións de prensa indican que Nupel financiou en 2010 o programa Lugo 10 con 12.000 euros , e donou 41.260 euros para actos do Arde Lucus, cantidades que constarían como xa pagadas. En todo caso, non se explican as honras do alcalde a un empresario que non pagaría á institución.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/120154.html
EU sinala que a Operación Campeón pon en evidencia a implicación de, cando menos, tres institucións (Concello, Deputación e Xunta de Galicia) e de representantes de tres partidos políticos: PP, PSOE e BNG. Tendo en conta a presunción de inocencia de todos os implicados, hai que destacar que neste momento existen, polo menos, tres ex altos cargos do PP, dous ex-dirixentes do BNG e un ex-ministro do PSOE imputados na trama de adxudicación irregular de subvencións, intimamente relacionada coa Operación Carioca.
Pero na comparecencia pública, o alcalde falou de unicamente dous convenios con dito empresario (Arde Lucus e Lugo 10). Neste sentido EU esixe que o alcalde aclare se o goberno destinou cartos, e no seu caso as cantidades, ao equipo Rallie Nupel Team e a Escola de pilotos Luis Moya, os proxectos deportivos de Jorge Dorribo. EU esixe que se aclare desde o Concello, pero tamén desde a Deputación e a Xunta (a do goberno bipartito e a do actual do PP), cantos cartos públicos recibiron os dous proxectos deportivos mencionados, proxectos fantasmas que hoxe non existen. O propio Luis Moya chegou a amosarse “sorprendido” coa axuda do Concello de Lugo ao seu proxecto, que hoxe é unha nave baleira no concello de Rábade. Incluso a Universidade de Santiago chegou a firmar un convenio coa Luis Moya Rally School para formar a xoves en seguridade vial. (http://elprogreso.galiciae.com/nova/53448.html)
A presentación en Compostela do equipo para o campionato mundial de rallies contou co aval das tres institucións e políticos dos tres partidos. Hai que destacar que un equipo destas características supón un enorme desenvolso económico ao alcance de moi poucas escuderías.
Sempre se presenta a Jorge Dorribo como mecenas de acontecementos deportivos e lúdicos, pero se obvia que as investigacións da Operación Campeón se centran na posible concesión irregular de subvencións públicas. Neste sentido, hai que destacar que as empresas de Dorribo e o seu proxecto deportivo de rallies recibiron moitos máis cartos públicos dos que o empresario aportou como patrocinador de eventos.