Esquerda Unida saúda a decisión do Goberno municipal de realizar un estudo de retorno das subvencións ás liñas aéreas. Para EU resulta incomprensíbel que se invistan cartos públicos sen avaliar o seu resultado, así pois tacha de irresponsábel a actitude do Goberno bipartito e do Goberno de Feijoo neste sentido ao desenvolver importantes investimentos sen unha ferramenta de avaliación que garante a súa eficacia.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes solicita que o estudo comprenda todas as actividades de promoción turística resolvendo, entre outras, as dúbidas de rendibilidade amosadas polos comerciantes respecto o turismo de cruceiros. O devandito estudo debería culminar nun plan de aproveitamento do turismo por parte dos comerciantes e hostaleiros para obter o máximo rendemento ao investimento público en promoción turística.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “hai que asegurar que as subvencións públicas sirvan para algo mais que para engordar o peto das aeroliñas pois segundo análises realizados noutras cidades o retorno económico de moitas destas subvencións non é tan grande como poder parece a primeira vista”, xa que logo, semella fundamental optimizar o uso destes investimentos aínda máis se cabe nestes momentos de grave crise no que os orzamentos municipais atópanse moi reducidos.
“Aínda que nos atopamos nas antípodas en outras materias de política económica, comparto con Carlos Negreira a necesidade de avaliar os investimentos públicos. O sentido común non entende de dereitas nin de esquerdas. Espero que cando poida, sexa quen de convencer ao señor Feijoo para que tamén se sume a nosa postura respecto a este asunto. Se precisa a nosa axuda, estamos a súa disposición.”, declarou César Santiso.