Sumemos todos para rachar co bipartismo

democrática, emprego, medioambiente, feminismo, etc, co obxecto de elaborar un programa común dende a participación colectiva.

 

Esquerda Unida presentará nos Encontros as súas propostas para o debate ao que se sumarán ás aportacións da cidadanía disposta a traballar por un proxecto común, un novo modelo de país no que a centralidade se sitúe nas persoas, manifestou a deputada de AGE, Eva Solla.

Por outra banda, o secretario de organización, Rubén Pérez resaltaba a importancia do actual momento político e social, onde “a participación da cidadanía é imprescindible para provocar o cambio” atopámonos “nun momento decisivo da historia da democracia en canto á alternancia de poder, por primeira vez o bipartidismo ten unha fenda e imos afondar nela para rachalo”.

Neste momento Esquerda Unida considera obrigada a converxencia cara un espacio de ruptura que ten que contar coa participación da cidadanía e de todos os colectivos, movementos e organizacións chamados á construción da alternativa política e social, para elo facemos un necesario chamamento a rebelión democrática na que o pobo sexa o motor e o suxeito da transformación.

Así mesmo, Rubén Pérez manifestaba que “ao longo da historia, foi a cidadanía organizada quen conquistou os dereitos fundamentais, nestes intres é máis necesario que nunca sumar forzas” argumenta que “é necesario crear espazos comúns” para o que “poñemos en valor a experiencia de AGE como espazo da esquerda rupturista e da converxencia, que coa suma inicial de catro organizacións irrumpiu no parlamento galego e que co respaldo da cidadanía voltará a ser actor principal para á construción dunha alternativa de cara ás eleccións de 2015”.

 

Relacionados