Esquerda Unida denuncia que o goberno municipal pretende agachar a súa inacción política con festas e espectáculos. A situación na nosa cidade comeza a ser dramática: 24.000 persoas desempregadas e cerca do 20% da veciñanza en risco de exclusión social, e dicir un de cada cinco coruñeses atópase no limiar da pobreza. Diante desta situación o Concello en lugar de aplicar políticas activas de emprego o incrementar os servizos públicos municipais para evitar que o grado de benestar da cidadanía coruñesa sega a diminuír, dedicas a incrementar os investimentos para festas.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera inaceptábel que coas grandes necesidades que ten a veciñanza coruñesa o PP pretenda habilitar un suplemento de crédito de 700.000 € para o IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos), máis se cabe cando a meirande parte deste malgasto, 500.000 €, nin tan sequera xustifícase pois aplícase á partida 338/227.99 outros servicios diversos.
EU-V aposta por outro tipo de políticas en relación a festas e espectáculos, unha política baseada na austeridade, porque hai que saber priorizar, que permita, desenvolver espectáculos e festas dignas na Coruña sen facer grandes investimentos. Por iso apostamos por renunciar a subvencionar custosos espectáculos a cambio de fomentar aos artistas locais e aos novos talentos autóctonos, promovendo así a este sector económico local e aforrando cartos para cubrir necesidades máis perentorias.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella que o goberno local recorta en ensino para malgastar en festexos, propoño destinar estes cartos para incrementar a rede de escolas infantís municipais, na procura de equilibrar o balanzo entre a demanda, catro veces superior á oferta, o que implica que 650 familias traballadoras coruñesas non poidan acceder a este servizo fundamental para conciliar a vida familiar e laboral.
César Santiso lembrou que os recortes en ensino superaron con creces o millón de euros, renunciando no 2011 a crear unha nova escola infantil municipal que xa estaba orzamentada polo goberno bipartito, reducindo en máis de medio millón o investimento en mantemento dos colexios públicos ou reducindo máis dun tercio o investimento en novas tecnoloxías. Mentres que o total do incremento do orzamento do IMCE roza o millón de euros.