O deputado Juan Fajardo, logo de se reunir coa asociación de armadores de pesca artesanal e atender ás súas reivindicacións, presentará unha iniciativa parlamentaria para suprimir ese pagamento.
AGE xa reclamou a dimisión da conselleira de Mar pola morte dunha percebeira en Oia, o pasado decembro, debido ao retraso no rescate.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2013.- O deputado de Alternativa Galega de Esquerda, Juan Fajardo, reuniuse esta maña, xuntos aos outros portavoces na materia da oposición parlamentaria, coa Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega). Fajardo atendeu ás reivindicacións do sector, profundamente preocupado polo funcionamento dos servizos de salvamento marítimo que considera privatizado. Os datos que manexa Asoar-Armega indican que os patróns optan por non chamar ao salvamento até forzar a súa propia seguridade. Isto débese ás taxas que, agora, hai que aboar polos traballos de rescate, e que poden ascender a máis de 14.000 euros.
O parlamentario Juan Fajardo anunciou que o seu grupo presentará unha iniciativa para suprimir as taxas de salvamento marítimo. Alternativa Galega de Esquerda lembra que vén reclamando a dimisión da Conselleira de Mar, Rosa Quintana, despois de que, o pasado decembro, unha percebeira morrera en Oia e os servizos de salvamento marítimo chegasen tarde ao rescate. O parlamentario Juan Fajardo anunciou que o seu grupo presentará unha iniciativa para suprimir as taxas de salvamento marítimo.