Supresión partido xudicial

do xusticiable en particular e un agravio especial á cidade de Vigo, como realidade non só xeográfica, senón de espazo organizado de servizos públicos e de vertebración territorial.

A supresión dos partidos xudiciais é contraria ao interese xeral por canto non garante nin máis recursos nin maior eficacia na prestación dun servizo público esencial como o é a Administración de Xustiza. A reorganización do mapa xudicial preténdese realizar sen diálogo cos cidadáns afectados, sen debate político e institucional cos municipios afectados e sen a anuencia dos profesionais.

A desaparición dos partidos xudiciais non se vai a facer en aras dun mapa xudicial máis racional ou acorde aos intereses do justiciable, senón que parte dunha realidade que segue escondendo o principal problema para os cidadáns: a falta de xuíces, a carencia de medios e o insuficiente financiamento dunha Administración que require dun gran investimento para ser modernizada e para ser eficaz.

Exise que o debate sobre a modificación da Lei de Demarcación e Planta non se aborde se previamente non se afronta a urxente necesidade de aumentar o nº de xuíces en España, e de recursos para a Administración de Xustiza. Para EU é necesaria pre a garantía de prestación de servizos ineludibles: quenda de oficio, dereito de defensa a inmigrantes, informatización dos xulgados actuais, recursos para as fiscalías, aumento do nº de xuíces e especialización dos mesmos.

INSTAMOS a partidos e institucións a DEFENDER unha Xustiza próxima ao cidadán, rápida e eficaz,a ESIXIR que calquera modificación da planta xudicial realícese con criterios de ordenación territorial racionais, que prioricen a comarcalización e que teñan en conta, que determinadas comarcas, pola súa situación económica desfavorable, necesitan de maior esforzo por parte das administracións públicas, para fixar servizos e poboación como estratexia de futuro.

O coordenador local de EU Rubén Pérez, asistirá á concentración ás 11:30 horas fronte aos edificios dos Xulgados

Relacionados