Tala árbores lonxevos Parque Oza

 

Esquerda Unida considera que a tala de árbores supón unha grave perda de patrimonio para a cidade, polo que lamenta a súa perda logo do esforzo que desenvolveu a veciñanza para que o parque de Oza mantivese as arbores naturais que xa existían. 

 

A veciñanza que presenciaba indignada a tala, preguntaron aos operarios os motivo do dito acto, e estes argumentaron que estaban enfermos e tiñan risco de caerse, con todo algún veciño púxose en contacto coa nosa organización e manifestou que so un das árbores amosaba algún risco, pois estaba seca, mentres que o resto nin estaban secos, nin amosaban ningún risco de desprendemento.  

 

Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará ao goberno municipal si se avaliaron todas as posibilidades antes de tomar a drástica decisión, quen a tomou e en que informes técnicos baseouse. Xa que a dita tala despoboa un fermoso espazo natural que tardará décadas en recuperar o seu aspecto inicial, a pesares da replantación que se desenvolva.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “solo aceptamos a tala de árbores si o seu estado supón un risco para a cidadanía ou existe posibilidade evidente de contaxio ao resto da flora”.

Relacionados