Entre os novos gastos que o equipo de goberno quere orzamentar figura un gasto de 200.000 euros destinados a renovación das tarxetas Millennium. Según os informes dos técnicos municipais actualmente están activas máis de 155.000 tarxetas, moitas delas con máis de catro anos de uso, polo que consideran probable a necesidade da súa sustitución nun curto período de tempo.
Hai que recordar que o Concello está a resolver un procedemento de contratación (S 15/2012 – Suministro de tarjetas Millennium) no que se pretende adquirir unhas 16.000 tarxetas por un importe de 90.000 euros o que supón que cada unha das tarxetas ten un custo de casi 6 euros. Esto supón que renovar cada catro anos as 155.000 tarxetas Millennium activas nos costaría aos coruñeses casi un millón de euros, que é o coste de construcción dunha escola infantil como a de Mesoiro.
Xa que na actualidade existen tecnoloxías como os códigos QR para teléfonos mobeis e outras similares que se poden utilizar como sustitutivos das tarxetas plásticas, parécenos paradóxico que o Concello esté a anunciar por todos os medios posible a incorporación da nosa cidade a rede de SmartCities mentres despilfarra os cartos dos contribuíntes en instrumentos obsoletos en lugar de aproveitar as novas tecnoloxías e investir os cartos aforrados en equipamentos que melloren o benestar da veciñanza.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta ao Goberno Municipal a que rectifique a súa postura neste tema, proceda á adopción de novas tecnoloxías sustitutivas das tarxetas plásticas Millennium e destine os aforros a construcción de novos equipamentos que melloren as condicións de vida da cidadanía.