Taxa decomisos

Esquerda Unida anuncia que non caso de ter influencia na gobernanza da cidade retirará de inmediato a taxa por decomiso. Unha nova taxa que está a impulsar o goberno municipal pola cal os propietarios que queiran recuperar a mercadoría decomisada, terán que pagar unha taxa: 30 euros no caso de mercadoría valorada en menos de 100 euros e 100 euros no caso de que esta supere o valor dos cen. No caso de que a mercadoría leve máis de oito días, a persoa propietaria da mercancía tería que pagar a maiores dos euros diarios.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes anuncia que nas alegacións as ordenanzas fiscais solicitará a retirada dunha taxa que semella unha medida racista pensada para agachar a pobreza e a exculsión, porque o goberno local quere unha “Coruña Wapa” onde non se visualice os dramas da exclusión social e así non molestar as persoas que está a representar os seus intereses en María Pita, é dicir os máis podentes. Con esta taxa, unha medida claramente ideolóxica, retrógrada e inhumana, agravarase máis, se cabe, a situación de emerxencia social que se está a vivir na Coruña, principalmente dos colectivos máis vulnerábeis.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “A Coruña: a cidade en que ninguén é forasteiro… até que chegou negreira e o goberno do PP dedicouse a acosar aos inmigrantes sen papeis, primeiro ordenando a persecución policial, agora con taxas inhumanas”.

Relacionados