Tempo para estudar o PXOM

 

Algo que xa non pode cumprir pois non so xa estamos no verán, senón que semella pretender facelo na semana grande das festas coruñesas, é dicir xa entrada a tempada oficial de vacacións.

 

Esquerda Unida demanda ao Concello que outorgue á oposición o tempo necesario para poder estudar en profundidade o PXOM. Porque até o de agora o escurantismo no tema é total e absoluto, pois a oposición non recibiu ningún tipo de información nin aviso, tampouco se convocou comisión algunha nin outro tipo de xuntanza informativa. De feito semella triste e penoso que os membros da corporación teñámonos que decatarnos a través da prensa das intencións do executivo coruñés nun tema de semellante envergadura e transcendencia, o que  evidencia a falta de transparencia da xestión do executivo de Carlos Negreira.

 

Esquerda Unida – Os Verdes considera que o PXOM é un documento estratéxico no que se define o tipo de cidade a desenvolver no futuro, xa que logo non se pode aprobar a présa e correndo como pretende o Goberno municipal. Non entendemos a urxencia de facelo no mes de Agosto, en plenas festas da cidade.

 

A aprobación do PXOM será, efectivamente, un elemento que motive un repunte na construción. E non cabe dúbida de que iso é algo positivo en canto a xeración de emprego. Con todo, reiteramos a necesidade de reflexionar antes de actuar. Hai que buscar unha cidade ecoloxicamente sostible, con infraestruturas suficientes para todos os cidadáns, con boas comunicacións, con construcións eficientes e baratas, con ocupación de chans segundo criterios urbanísticos e non especuladores. Tememos que o PXOM sexa o acicate para que a especulación volva dominar o mercado inmobiliario na Coruña.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “de non atender a nosa petición, entenderemos que o goberno do PP está actuar con nocturnidade e aleivosía na procura de agachar un asunto fundamental en materia urbanística”. Lembramos que o Goberno pretende aprobar o PXOM no mes de agosto, mes inhábil no que moitos coruñeses e coruñesas atópanse de vacacións, situación que recortará o tempo legal para presentar alegacións. O Goberno municipal xa utilizou este tipo de subterfuxios en outras ocasións como para aprobar os orzamentos do 2012 en pleno Nadal, ou o plan de axuste o día despois da Folga Xeral. 

 

Relacionados