“Ten pensado solucionar as eivas na Atención Primaria ou incrementar o persoal dos PACs?”, pregunta Solla ao Conselleiro de Sanidade

A deputada de En Marea, Eva Solla, vén de interpelar ao Conselleiro de Sanidade para esixir a mellora das condicións de traballo das e dos profesionais dos PACs e denunciar as carencias de persoal.

“É unha vergoña que se sobrepasen as xornadas do persoal e que estén saturados porque non se planifican os servizos.Tamén é indecente que, se a unha persoa se lle morre o pai ou a nai, teña que recuperar as horas”, apunta.

Finalmente, pregunta ao Conselleiro se ten pensado solucionar as eivas na Atención Primaria ou se a Xunta vai incrementar o persoal dos PACs para evitar que os centros queden desatendidos.

Podes ver o vídeo dende:

Relacionados