Terceira rolda

Esquerda Unida lamenta o novo atraso na finalización da terceira rolda e achaca á ineficiencia dos gobernos de PSOE e PP que a infraestrutra leve unha década en desenvolvemento, efectivamente o proxecto foi presentado pola Xunta no 2003, pero os problemas derivados da expropiación dos terreos provocou que a obra non comezase até novembro de 2006. Na actualidade levamos soportando 6 anos e medio dunhas obras que se executan a un ritmo cansimo e que están a provocar grandes molestias a veciñanza, principalmente en núcleos semi-ruaris como o da zona do Birloque onde as obras teñen ao barrio practicamente incomunicado.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o goberno central do PP está a incumprir reiteradamente cos prazos de execución, máis o anterior goberno do PSOE tampouco cumpriu, así durante a súa última lexislatura Zapatero so investiu un 15%. Queda claro que nin os uns, nin os outros cumpriron cos coruñeses e coruñesas, por moito que o utilicen como arma política.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”a actitude do alcalde, negando a evidencia unha e outra ver, amosa un xeito de facer política do bipartidismo que provoca desafección, descrédito e desconfianza na cidadanía a respecto da casta política”, primeiro prometeu que estaría lista no último trimestre do 2013, logo empeñouse en afirmar que sería no último trimestre do 2014 apesares de que, como denunciou EU, os orzamentos incluían partidas no 2015. Agora, co anuncio do novo atraso até a primavera de 2015 queda claro que o alcalde faltou a verdade cando indicaba que as partidas do 2015 eran “flecos”. Con todo, sigue empeñado en confundir á cidadanía escusándose agora que serán un, dous o tres meses, afirmación coa que volve a faltar a realidade pois o atraso será de medio ano en relación a súa última afirmación.

César Santiso salientou “a veciñanza merecese que se lle conte a verdade, que non se lle engane, estou convencido que os coruñeses e coruñesas prefiren un alcalde valente que se atreva a contar os feitos tal e como son, aínda que eses feitos non sexan positivos. Si se empeña en terxiversar en algo que non é responsabilidade directa del, que non fará nas súas responsabilidades directas, os coruñeses e coruñesas podemos confiar nun goberno que actúa desta maneira?”

Relacionados