Terceira xuntanza do foro falando nós

 

Comezouse a xuntanza cunha breve presentación e lectura do acta anterior, para de seguido Victoria Eugenia e Celsa Perdiz facer un breve recordatorio das súas intervencións nos anteriores foros. Posteriormente leuse á proposta de Refundación.

 

Durante a última hora da xuntanza formáronse tres grupos de traballo para desenvolver propostas en relación ao regulamento da obxección de conciencia do persoal sanitario perante o dereito ao  aborto, e poñelas en común.

 

Grupo A

Recollida de firmas para entregar no Sergas

Mesas informativas para situar na P/ Maior, Universidade, PAC…..

Creación dunha curtametraxe ou documental informativo

 

Grupo B

Concienciación sociedade: pregunta parlamentaria sobre gasto económico, escritos prensa dende o foro, deixar constancia do pouco acertada da elección de Paco Vazquez como Defensor do Pobo, reflectir á obxección de conciencia no currículo académico universitario.

Recollida de firmas para a regulación da obxección obxección: recollida firmas. 3º Compromiso hospitais: contactar e organizar coa Plataforma Sanidade Pública co obxectivo de garantir a prestación da interrupción voluntaria na Sanidade Pública.

 

GrupoC

Presentar moción no Concello para que se esixa á Xunta de Galicia un servizo mínimo. Contactar coa Plataforma Sanidade Pública creando documento no que conste nº de abortos practicados na privada (arredor do 98 %), consecuencia económica para a Sanidade Pública, e reclamar a prestación como mínimo en cada hospital comarcal en Galicia.

Informar á cidadanía con: pequeno panfleto con letra grande e frases curtas para repartir na rúa, Universidade, barrios, asociacións de emigrantes, de mulleres, Casa Xuventude, Ateneo… Contactar coa MMM. Organización de conferencia con Doval. Difusión no Cine Clube, no ciclo dedicado á muller (Carmen propón a Camino como responsable que sae escollida).

 

Finalmente acordouse deixar a recollida de firmas para mais adiante (informarnos de cantas, como, onde dirixilas), xuntarnos o 7 de abril ás 20:00 h no Centro Cívico cos textos consensuados vía internet (facendo convocatoria SMS para achegar información á xente que non ten correo), ter pechada con lugar, contido, ponente, hora e data a conferencia.

Relacionados