Esquerda Unida denuncia a existencia dun terraplén en Monte Alto que carece dos máis elementais elementos de seguridade, o terraplén de uns oito metros e con unha pendente case vertical está situado ao final da Vía Ártabra xunto ao Colexio Público Víctor López Seoane, polo que é habitual a presenza de rapaces na zona.
O grupo municipal de EU-V levará ao Pleno unha iniciativa para que o Concello resolva os problemas de seguridade detectados e propón a construcción dun valado e a instalación de sinalización ben iluminada para garantir a seguridade dos peóns da zona e impedir que algún conductor descoñecedor da zona poda non ver pola noite o final da rúa, precipitándose ao baleiro.
Asemade denunciamos o pésimo estado do asfaltado da rúa e a inexistencia dunha rampla para minusválidos, o que obriga a estes usuarios a dar un gran rodeo para poder acceder a Ronda de Monte Alto.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “animamos a cidadanía a que nos comuniquen todas as eivas que consideren oportunas, entre todos e todas podemos facer unha cidade mellor e máis igualitaria”.