Titulación do PXOM

Na Estratexia de Actuación e Estudo Económico do PXOM, no seu punto 5, páxina 48, di textualmente:

“Cabe sinalar a existencia de novas fórmulas de financiamento local, tales como a titulación de investimentos, ou calquera outras que reflictan a capacidade de captar financiamento privado para a execución de actuacións públicas…”.

Isto supón, ademais da admisión da incapacidade do Concello de asumir o compromiso de financiamento contemplado no documento, consecuencia isto en boa parte da Lei de Estabilidade Orzamentaria aprobada polo PSOE  e o PP, a privatización e explotación lucrativa por parte de empresas privadas do patrimonio público.

Deste xeito, e non contentos coa privatización xa exístente da xestión de case tódolos servizos do Concello, como auga, lixo, pavillón municipal, etc…, o documento do PXOM prevé que as novas infraestruturas do Concello se fagan con financiamento privada, mesmo recorrendo ao “casino” do mercado de capitais (titulación).

Por todo isto, Esquerda Unida rexistrou no Concello unha alegación pedindo que  sexa eliminada do documento “Estratexia de Actuación e Estudo Económico do PXOM”, toda referencia a captación de financiamento privado para a construción de infraestruturas e á titulación de investimentos.

Facer depender as actuación públicas da financiamento e do ánimo de lucro privado, supón continuar coa política de saqueo de todo o público levada a cabo  durante todos estes anos polo PP e o PSOE, tarefa esta para a que incluso modificaron a Constitución antepoñendo o pago da débeda ante calquera outra cousa. A vida digna das persoas, por exemplo.

 

Relacionados