Touradas fóra tamén da TVE

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda esixe a Xunta de Galicia que se opoña á emisión de touradas na TVE xa que viola os dereitos de protección da infancia e non é congruente coa Lei e PNL aprobada no Parlamento na que se solicitaba ao goberno galego que prohibise a entrada a estes “espéctaculos taurinos” aos menores de 12 anos.

Televisión Española ven de anunciar que vai voltar emitir touradas, os mal chamados “espectáculos taurinos”, na primeira canle pública española. Dita emisión tornou ás pantallas o día 1 de Setembro ás 19:00 có gallo da “Feria de Mérida”. Para Alternativa Galega de Esquerda a emisón de este contido en directo, onde animais son torturados ata a morte, non debería permitirse en ningunha canle pública ou privada, xa que promove que este tipo de costumes continúen normalizándose na nosa sociedade sendo ainda mais grave se fai máis grave cando se produce a costa dos cartos públicos que financian unha televisión que só debera existir para dar un servizo á sociedade e nunca para a envilecer e o que é se cabe mais grave, en horario infantil protexido.

A protección dos menores é un dereito fundamental que se recolle na Carta dos Dereitos Humanos e na Constitución Española. Esta emisión incumpre ademáis a lei Xeral da Comunicación Audiovisual que prohibe a emisión de contidos con violencia gratuita entre as 06:00 h.e as 22:00 h. Sendo as touradas “actividades” de grande violencia, onde os menores poderían ver dende as súas casas como asasinan en directo aos animais.

O grupo parlamentar de AGE destaca que a emisión das touradas nunha canle pública en Galicia ten, se cadra, menos sentido cando o propio Parlamento aprobou por unanimidade que a Xunta regulase a prohibición da entrada a estes “espectáculos” aos menores de 12 anos.

 

Por todo isto, Alternativa Galega de Esquerda presentou diversas iniciativas no Parlamento de Galicia instando a Xunta de Galicia a manifestar a súa oposición a emisión das touradas nos canles públicos de televisión.

Relacionados