Toxos e Froles

 

En concreto, Esquerda Unida demandou, nas verbas de Yolanda Díaz, un trato acorde   coa importancia cultural que posúe  o coro Toxos e Froles no ámbito da cultura galega, que vén de celebrar o seu 97 aniversario cun acto no Jofre.

 

O coro constitúe unha institución cultural sobranceira da cultura galega e non semella razoable que este Goberno o ignore. “Semella inaceptable que esta entidade non conte con convenio nominativo asinado, que entregue estabilidade e coherencia ás axudas municipais para cunha entidade centenaria e sobranceira en Galicia”, sinala Yolanda Díaz, que comparou este maltrato relativo que sofre a entidade, sinalando que de radicarse en calquera outra cidade do país, o Coro sería coidado e mimado, circunstancia que desgrazadamente non acontece aquí.

 

O patrimonio cultural que acubilla o coro, as fondas raiceiras que ten na nosa veciñanza, o que supón como proxeción para a nosa cidade no eido da cultura popular galega son elementos que un gobernante non pode esquecer sen abandonarse a cometer un grave erro.

 

Esquerda Unida demandou pois na Comisión a subsanación desta situación e a sinatura á meirande brevidade dun convenio nominativo que represente un salto cualitativo nas axudas municipais á entidade, que afirme as capacidades que posúe o Toxos e permita o seu despregue no pulo a prol da nosa cultura.

 

Relacionados