Tragsa

Esquerda Unida denuncia que a empresa pública Trasga reparte dividendos entre directivos mentres os traballadores sofren despedimentos e recortes nos seus salarios, así a empresa pechou o exercicio do ano 2012 con beneficios, mediante o fácil expediente de suprimir a paga extraodinaria do nadal  en Tragsatec e coa redución do 1/14 do salario no convenio na propia Tragsa.

Con estes antecedentes, a empresa está a aboar remuneracións extraordinarias en concepto de Dirección por Obxectivos (DPO), a maioría dos cales recaen no persoal do organigrama directivo. Doutra banda a  empresa está a estudar o reparto de dividendos con cargo ao exercicio do ano 2012. Circunstancia grotesca e absolutamente inxusta toda vez dos recortes sufridos polo cadro de persoal nese exercicio, apesares da súa coñecida profesionalidade.

A maiores, cómpre lembrar que dende o ano 2009, a empresa despediu a máis de 12.000 traballadores e traballadoras, mentres o organigrama directivo central e territorial ou resta case intacto ou incluso incrementouse. Semellante reparto das cargas e dos beneficios non é que non sexa exemplar e que semella radicalmente inxusto.

Alternativa Galega de Esquerda rexistra unha Proposición Non de Lei no Parlamento Galego a instancias do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes da Coruña para que Trasga en lugar de repartir dividendos entre os seus directivos mellore as condicións dos traballadores. Literalmente di:

O Parlamento de Galicia insta ao goberno galego para que a súa vez este se dirixa ao goberno central en demanda de que non se repartan as gratificacións extraordinarias por DPO e non se repartan dividendos con cargo ao exercicio 2012 no grupo empresarial Tragsa.

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que á súa vez se dirixa ao goberno central demandando que este destine o diñeiro non repartido por DPO e por dividendos a mellorar as condicións da plantilla de traballadoras e traballadores que xa sufriron os recortes no ano 2012.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”semella indecente que unha empresa pública pertencente a SEPI actúe coa mesma voracidade e hipocrisía que os tiburóns financeiros. este é o lamentable e inxusto modelo de administración pública que o PP pretende establecer”.

Relacionados