Trama fraudulenta de reforestación

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Antón Sánchez, vén de esixir á Xunta toda a información e contratos coa Administración pública das empresas Maceiras e Esmorís, implicadas na trama fraudulenta de reforestación da Costa da Morte. “Queremos coñecer con exactitude a dimensión económica destes acordos”, indica Sánchez, quen presentou no Parlamento a petición de documentos mediante o artigo 9 do regulamento da Cámara.

 

Para Antón Sánchez, a trama forestal con epicentro en Vimianzo –da que hoxe se coñecían seis funcionarios imputados máis- revela, polo menos, ausencia de control da Consellaría de Medio Rural. “Por non falarmos de complicidade. En todo caso, a Xunta non cumpriu as súas funcións e agora agóchase nunha actitude pasiva”, sinala o parlamentario de Alternativa. Segundo AGE, só as reivindicacións dos afectados –ate o o momento, uns 300 coñecidos- obrigaron á Xunta a se mover. “Porque o Goberno do señor Núñez sempre amosou máis intencións de ocultar que de esclarecer”, conclúe Sánchez.

Relacionados