Transparencia no pago de facturas

 

Por iso todos temos o dereito de saber en todo momento e con todo detalle que se fai co diñeiro público, o noso diñeiro, do mesmo xeito que coñecemos en todo momento e con todo detalle o saldo e os movementos das nosas contas bancarias persoais.

 

Este é o motivo polo que Esquerda unida apoia a publicidade dos pagos feitos con fondos municipais solicitada polos autónomos a través do vicepresidente da Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA), Javier Pérez Bello.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lembra que no seu programa electoral xa figuraba a proposta de publicar na web todas as facturas pagadas polo concello.

 

En concreto a proposta consiste en que cando se pague unha certificación de obra, factura, subvención ou convenio con cargo a fondos municipais todos os informes técnicos e xurídicos que xustifiquen o seu pago estean integramente a disposición do público para a súa consulta libre, anónima e sen restricións na páxina web municipal.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que é imprescindíbel desenvolver unha xestión municipal transparente aos cidadáns tal e como figuraba no noso programa electoral.

Relacionados