Trasvase de Meirama-Cecebre

Unha vez máis o goberno galego antepón os intereses privados ao interese público solucionando os problemas dunha empresa privada con cartos públicos

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda denuncia unha vez máis as mentiras do goberno da Xunta de Galicia nesta ocasión formuladas polo director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, en comisión parlamentar ao tempo que evitou contestar as preguntas concretas do deputado de AGE, Antón Sánchez, relativas á situación da concesión e proxecto para o aproveitamento hidroeléctrico do encoro de Cecebre. O director de Augas de Galicia deu a calada por resposta e incoou expediente de caducidade da concesión outorgada a Minicentrales Eléctricas de Galicia (outorgada o 17/09/1998 e modificada mediante resolución de 29/04/2004). Tampouco deu resposta á pregunta de AGE respecto da situación do expedente de autorización do proxecto de execución e declaración de utilidade pública da central hidroeléctrica (sometido a exposición pública por Resolución de 28 de xullo de 2009, da xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria, e sen que ata o momento consta resolución expresa por parte de Augas).

O deputado Antón Sánchez denunciou durante a comisión que non hai razóns de interese público, e si privadas, no proxecto de trasvase desde Meirama ata Cecebre e asegurou que dito trasvase non está previsto no vixente Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa nin tampouco, e contrariamente ao sinalado polo presidente de Augas de Galiza, no Plan de Abastecemento de Galicia, Plan Auga, aprobado pola Xunta en maio do 2010, nin no Plan Seca aprobado recentemente e onde se contempla únicamente como unha solución de emerxencia.

No mencionado Plan Auga a alternativa principal para a cobertura de capacidade de abastecemento ao encoro de Cecebre é a dos encoros de Vilagudín e Vilasenín, mentres que o lago artificial de Meirama só se contemplaba como unha alternativa eventual e futura, simplemente complementaria. De feito, en dito Plan Auga non se prevía actuación ningunha respecto do trasvase Meirama-Cecebre (*).

Para Alternativa Galega de Esquerda os silenzos e as mentiras de Augas de Galicia só teñen o obxectivo de eludir dar resposta á decisión inxustificable de executar unha obra, pagada con fondos públicos, que só vai beneficiar os intereses das empresas privadas, tanto da titular da central de Meirama como da titular do aproveitamento hidroeléctrico de Cecebre.

(*) Plan de abastecemento de Galicia, Plan auga:

http://augasdegalicia.xunta.es/docs/pag/zz_informetecnico_cecebre.pdf

“Como alternativa principal se propone en el presente plan auga, como apoyo al sistema de abastecimiento de A Coruña en episodios de sequía, los embalses de Vilagudín y Vilasenín , situados en la cuenca del Tambre. Por otra parte, se incluirá también en el análisis como posible elemento de almacenamiento de recurso al futuro lago de Meirama , fruto del llenado del hueco de la mina.

Apoyo a través del sistema del futuro lago de la mina de Meirama La empresa Lignitos de Meirama, S.A. (LIMEISA), filial 100 % del grupo Unión FENOSA, en su Plan de Cierre Técnico de la Mina de Meirama, propuso la creación de un lagoartificial en el hueco de la mina, con una capacidad de 146 Hm3 y un volumen de descarga anual de 25-30 Hm3.

Entre los usos futuros que se contemplan para el hueco de la mina en dicho Plan de Cierre está el de regulación para abastecimiento y explotación hidráulica. Dado que el hueco de la mina vierte al río Barcés, que aporta agua al embalse de Cecebre, el futuro lago podría complementar el sistema de regulación empleado para el abastecimiento de A Coruña y sus alrededores en el futuro

Relacionados