Tratamento de refugallos

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “apoiamos a loita dos traballadores diante do intento de estafa por parte de Albada quen apesares de recibir os mesmos cartos públicos, pretende reducir unha cuarta parte o salario do seu cadro de persoal”. Actualmente as negociacións están rotas diante da cerrazón da empresa que pretende,  co novo convenio colectivo,  unha redución do 25% do salario e o aumento da xornada laboral en tres horas e media semanais para, así despedir a máis traballadores.

César Santiso salientou “con semellante proposta queda claro que diante dos danos que se lle poidan causar á veciñanza hai un único culpable a empresa concesionaria do servizo”.

Esquerda Unida denuncia que os refugallos que deberían tratarse en Nostian están soterrándose no vertedoiro de Arenosa, onde descargan os camións cos refugallos, tanto os procedentes do concello da Coruña como os do Consorcio das Mariñas, custodiados pola garda civil. Con esta actuación estase a incumprir as condicións do contrato da concesión do servizo, xa que en lugar de reciclar os refugallos estanse a verter directamente no medio natural producindo contaminación, lexiviados e cheiro.

Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os verdes esixe ao goberno local que, debido ao incumprimento do contrato de concesión de servizo, desconte do pagamento á empresa os días de folga, asemade de implicarse no conflito en lugar de desviar responsabilidades e mirar cara outro lado el como fan os covardes. Porque o goberno municipal é responsable subsidiario das molestias que se poidan causar á cidadanía, así como dos danos medioambientais.

 

Para EU non valen as desculpas que hoxe da o PP e onte daba o PSOE, escudándose en que é un conflito laboral que teñen que resolver entre empresa e traballadores, porque apesares de estar externalizado, trátase dun servizo público que ten que ofrecer o concello á cidadanía. Xa que logo, Albada é a culpable da situación pero o goberno municipal é  responsable debido a súa inacción.

Relacionados