Tren ao porto exterior

“Iso vai acabar por engadirse aos casos de Reganosa e as Rías de Ferrol e o Burgo que abraiaron á delegación parlamentar europea: esa experiencia dificil de esquecer e claramente corrupta segundo valoraron os deputados europeos” afirma Suso Basterrechea

A pesar de ser vendida como unha variante máis axustada economicamente ca outras e igualmente válida o Consello Político Local considera unha pésima decisión por parte do goberno do Partido Popular a adxudicación da obra do tren ao porto exterior pola denominada variante sur, a xa coñecida opción construtiva  coa ponte pola ría e á altura da enseada da Malata. Non imos enumerar agora , xa foi feito no seu momento, todas as argumentación de carácter ambiental que facía desta unha opción mesmo até irracional. Agora queremos como organización facer fincapé na irracionalidade que aniña na lóxica económica de non contemplar os costos ambientais como variable económica. É típico da lóxica dos que a si mesmos se chaman liberais non introducir no cálculo económico todo o conxunto de elementos externos que molestan á finalidades máis rendibles para o interese do momento, neste caso da austeridade orzamentaria. Así ocorre que consecuencias non desexadas no deseño acaban por ter resultado contable co paso do tempo: véxase Reganosa  e todo o demais no contexto dunha incesante suba do prezo da electricidade para os usuarios tanto como a acumulación empresarial de capital. Agora estamos no mesmo: se presenta un investimento como necesario por “económico” obviando que é unha irracional aposta por subir un chanzo máis no camiño que leva a converter a ría nun inmenso porto interior. No fondo toda a tónica supostamente liberal envolve a peor das opcións : a economía vulgar.

“Dese logo a ría estáse a converter nun paraíso para os agresores ambientais mais tamén para os mediocres na política na economía, aqueles que á final teñen que converterse en auténticos especialistas en manobras de salón, politicastros de pequena escala pero moita influencia, que, como o presidente da comisión do parlamento sobre as rías.” afirma Suso Basterrechea  en alusión ao presidente da delegación parlamentaria Philippe Boulland que a día de hoxe segue a entorpecer a publicación do informe sobre o estado das rías galegas obedecendo mandados do Partido Popular europeo segundo ten denunciado entre outras a parlamentaria Angelika Werthmann(“Cantos están no cárcere?” ao pé de Reganosa) e o noso compañeiro e eurodeputado Willi Meyer.

O Consello Político Local considera mesquiñas as declaracións do deputado Miguel Tellado, nas que descarga na oposición o retraso nas obras dunha infraestrutura necesaria e eludindo o cerne do problema: o trazado sur é a variante máis dañina para unha ría denostada e a ese trazado e ao que se opón Ferrol. Somos precisamente as forzas da oposición xunto coa maioría abrumadora do tecido asociativo, os que conformamos a Plataforma contra o trazado Sur, un trazado de dubidosa legalidade e con fins claramente especulativos, tendentes a un novo recheo co que poder incidir nunha noxenta compravenda de terreos públicos para beneficio duns poucos. Iso non ten que ver con beneficiar a Ferrol, iso é política partidista. De feito a nosa formación presentou, antes da nova dun proxecto, enmendas no Congreso aos orzamentos xerais do Estado, para dotar de fondos suficientes para o estudo dun trazado norte, fronte a ridícula cantidade orzamentada ata o de agora.

Relacionados