Trienio maldito de Feijóo

Esquerda Unida cualifica de fracasada a xestión económica e social de Núñez Feijóo, pasando a ser o peor presidente da Xunta de Galicia. En calquera apartado que se analice o resultado é nefasto o emprego, os servizos públicos, a protección social, a salvagarda do territorio ou a promoción da nosa lingua e cultura.

“Semella que remata o trienio maldito protagonizado polo señor dos recortes”, manifesta Yolanda Díaz, coordinadora nacional e candidata á Xunta de Galicia. É complexo ver como é posible que a torrentería de tantos recortes sobre tantísimos colectivos e persoas ten como resultado un acelerado crecemento da débeda pública ao punto de multiplicar por dous esta débeda non tres anos de mandato. Recortes, endebedamento e caciquismo marcarán unha presidencia fracasada por se ter posto ao servizo dos intereses do capital e contra o seu propio pobo.

A executiva nacional de Esquerda Unida, responsabiliza a Feijóo do deterioro en dereitos fundamentais como a sanidade e a educación. Escravo dos dogmas neoliberais, Feijóo maltratou a educación, a sanidade e a dependencia sacrificadas non altar sanguinario do déficit público e as privatizacións, deixando facer no eido económico un destrutivo laissez-faire… que aparellou unha brutal destrución de emprego co seu correlato de pobreza e exclusión social. Todo elo desfacendo  coa súa parálise aos sectores produtivos clave, dende o sector agrario ate o das enerxías renovables

 

Relacionados