tnez.gif - 2.46 Kb

Túnez

 

Saíron a loitar na rúa primeiro para rexeitar os abusos que o Goberno fixo co precios de productos alimenticios de primeira necesidade, pero ao momento  decidiron que non se conformaban con lograr que se anularan esas alzas de precios: a explotación cotidiana dos traballadores, o paro, a ausencia de dereitos sociáis, a represión sobre a oposición, o escandaloso enriquecimento e os privilexios dos que disfrutan os grandes ricos  e o Goberno e os políticos que os sirven…

 

Son en Túnez e en calqueira país motivos máis que suficientes para  cambear as cousas de raíz e botar abaixo o poder dos que abusan do pobo. Con valentía e sacrificios, a maioría da poboación esixiú  “fora con Ben Alí, fora co Goberno”, e Ben Alí -ao que a Intenacional  “socialista” recoñceía como un dos seus- – non tivo máis opción que irse ante a forza e a determinación do  pobo ao que explotaba e reprimía dende fái  máis de 20 anos. Os sectores máis conscientes e combativos dese pobo continúan a acción política e movilizadora para que  non sigan tendo o poder os mesmos que o tiñan co Ben Alí, agora con outos nomes e outras formas para engañar ao pobo. Algo diso sabemos no estado español,  coa “transición” que mudóu  a fachada do réximen pero deixóu intacto o seu poder. Hai que seguir con atención a situación. Lembremos por certo que o Goberno Tunecino de Ben Alí era felicitado ano trás ano polo FMI, Banco Mundial e as potencias imperialistas por ser un “moi bó” exemplo de éxito económico” ao aplicar as receitas neoliberáis”. Ay, pero o pobo cansóuse de tanta asfixia, de tanto empobrecimento da maioría para maior riqueza dunha minoría…e está a levar por diante aos seus  enemigos. Gran importancia está tendo nesta loita a actuación dos camaradas do PARTIDO COMUNISTA DOS OBREIROS DE TÚNEZ: a pesar da represión que sufriron foron quen de impulsar  o movimento de masas e de poñerse á vangarda da loita para que en efecto os cambeos que se demandan o sexan de verdade  a favor do pobo traballador.  Unha nota de última hora: varios centos de policía tunecinos de manifestaron con brazaletes roxos no brazo para opoñerse a “seguir sendo utilizados como intrumento de represión contra o pobo”, tal e como explicóu  uns dos seus portavoces á prensa internacional.

Relacionados