Un 84,81% da militancia e simpatizantes galegos apoian unha coalición electoral con Podemos e outras forzas na consulta de IU

A consulta á militancia e aos simpatizantes posta en marcha por Izquierda Unida Federal sobre a procura dunha confluencia con outras forzas políticas, entre elas, Podemos, para as vindeiras eleccións do 26 de xuño sáldase en Galicia cun 84,81% a favor, un 10,48% en contra e un 2,49% de abstención, datos moi similares aos do resto do Estado, que rexistrou un 84,5% a favor da consulta, un 13,1% en contra e un 2,4% de abstención.

A particularidade da consulta en Galicia residía en que a votación sometía, ademais, á validación por parte das bases de Esquerda Unida a vontade de formalizar un acordo para participar en eleccións como En Marea.

O resultado da consulta mostra que as bases de Esquerda Unida dan o seu respaldo á confluencia e á suma de forzas, tendo claro que estamos diante dun momento histórico onde todas e todos somos imprescindibles para mudar as cousas e plantarlle cara ás políticas neoliberais que merman os nosos dereitos de cidadanía.

Relacionados