logo eu ferrol.jpg - 1.91 Kb

Un centro social para Esteiro

A cesión deste inmoble sería moi benefeciosa para a cidadanía, podéndose adaptar  como centro social do barrio de Esteiro. As últimas novas  aparecidas na prensa da cidade son elocuentes e advirten do progresivo deterioro dun inmoble que non ten utilidade algunha cando tantas necesidades temos como cidade.

 

O arranxo e posta en funcionamento deste inmoble somentes xogará en favor das necesidades de usos sociais da veciñanza do barrio de Esteiro e, xa que logo, o Grupo Municipal de EU demándalle ao concello que se poña mans á obra e negocie a cesión.

 

Un exercicio de imaxinación e a vontade política  de plasmala cun pequeno investimento nos entregaría un equipamento social para Esteiro. Non todo ten que ser derruír inmobles ou deixalos vir abaixo ( da Fábrica de Lapis á casa de Carvalho Calero sen irmos máis lonxe), ou enterrar cartos nesta cidade como o Goberno teima en facer na malfadada praza de España. Cun pequeno investimento, a veciñanza de Esteiro podería contar cun centro social que centralice e aglutine as inquedanzas que unha poboación nova e dinámica ten nese barrio.

 

O noso Grupo Municipal considera necesario acometer esta iniciativa nunha zona onde só caen malas novas, como aínda puxo de manifesto hai pouco a asociación veciñal de Esteiro en relación co inmoble coñecido como Forno Bellón. O Goberno ten na súa man unha serie de armas legais, as ordenanzas, que en unión dunha intelixencia política para procurar recursos e equipamentos a baixo custo para a nosa cidadanía, ben podería traducirse -neste caso- na reutilización e adaptación da vella igrexa de San Fernando como centro social do barrio.

 

Esquerda Unida pídelle ao Goberno Municipal que fuxa da soberbia da maioría absoluta e escoite as propostas e iniciativas dos grupos municipais da oposición no que poidan contribuír a mellorar as condicións de vida da nosa cidadanía.

Relacionados