Un dial para CUAC FM

Esquerda Unida denuncia que a Xunta de Galicia intenta rematar coas radios libres comunitarias, xa que nesta convocatoria saca a concurso todas as frecuencias dispoñíbeis que lle outorgou o Estado logo da reordenación do espazo radioeléctrico no 2006.

Así, a Xunta do PP convoca un concurso contrario ao dereito que coarta a liberade de expresión en contra da propia Constitución Española que recoñece o dereito a comunicar por calquera medio, e a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual de 2010 que no seu artigo 4 recoñece o dereito a que todas as persoas a que a comunicación audiovisual se preste a través dunha pluralidade de medios tanto públicos, comerciais como comunitarios que reflicten o pluralismo ideolóxico, político e cultural da sociedade.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes solidarízase coa radio comunitaria coruñesa CUAC FM e anuncia o seu total apoio porque defendemos o dereito a gozar de medios de comunicación libres e neutrais. Algo que até a propia Xunta ten lexislado no Decreto 102/2012 onde recoñece ás radios comunitarias, como entidades privadas sen ánimo de lucro

Sen licencia as radios comunitarias están indefensas diante de calquera Administración que pretenda pechalas de maneira arbitraria, asemade de estar expostas a que radios piratas invadan o seu dial, que no caso Cuac FM, única radio comunitaria da Coruña nacida en 1966, é o 103.4.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o concurso da Xunta do PP  constitúe un grave recorte de dereitos á cidadanía, non debemos esquecer que o fascismo comeza coartando a liberdade de expresión. Este concurso está a imposibilitar de facto a radiodifusión libre e comunitaria.

 

Relacionados