Un exceso policial máis

Lamentan que a única resposta que se lle estea a dar a cidadanía sexan paos cando tentan loitar contra a inxustiza dos desafiuzamentos.

O grupo parlamentario  amosou a súa solidariedade con todos golpeados na carga policial entre os que se atopan varios dirixentes políticos como o deputado Francisco Jorquera, ou os concelleiros da Coruña, César Santiso e Xosé Manuel Carril.

Santiago de Compostela, 18 febrerio de 2013.- O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda quere amosar a súa indignación polo brutal exercicio da violencia durante a carga policial no intento de desaloxo a unha muller de 85 anos hoxe na Coruña que responde a unhas directrices máis propias dun estado fascista e que se sitúan totalmente afastadas da máis mínima sensibilidade e humanidade.

Os deputados de AGE denunciaron o xeito de actuar da policía que “a traizón” e  despois de anunciar o aprazamento do desafiuzamento aproveitando que os manifestantes comezaban a marchar, volveron para materializar o desaloxo que rematou nunha  desproporcionada carga contra os cidadáns que trataban de paralizar unha inxustiza.

Desde Alternativa Galega de Esquerda queren transmitir a súa total solidariedade con todos os golpeados durante a carga entre os que se atopaba o deputado parlamentar, Francisco Jorquera (BNG), e dous concelleiros da Coruña, César Santiso (EU) e Xosé Manuel Carril (BNG).

O acontecido na Coruña amosa unha vez máis a dramática situación que están a vivir os cidadáns do noso país a consecuencia dos desafiuzamentos ante a inacción do goberno galego que volveu a mentir. “¿Onde está a moratoria prometida polo Sr. Feijoo ante os desafiuzamentos?” preguntouse o deputado Xabier Ron ante o acontecido hoxe na Coruña.

Desde Alternativa Galega de Esquerda queren así mesmo aplaudir a actuación do corpo de Bombeiros da Coruña que se negaron por dúas veces a participar nunha actuación inxusta incumprindo as ordes recibidas e chegando incluso a apoiar publicamente aos manifestantes sumándose as súa petición de non executar o desaloxo.

 

Relacionados