alfredo.jpg - 1.15 Kb

Un novo triunfo da patronal

 

 

É certo que nese proceso de negociación se conseguiron suavizar algunhas das propostas máis duras do goberno en materia de pensións -sobre todo as relativas á progresividade da implantación da reforma e ao mantemento da posibilidade de xubilarse aos 65 anos (aínda que só se se teñen cotizados 38,5 anos)-, ao tempo que introduciron elementos novos -relativos ao coidado de fillos ou fillas ou á participación en programas de formación ou investigación-. Tamén é certo que ao estender o diálogo social a outros ámbitos, como ás políticas activas de emprego e outras de materia laboral, a política industrial, enerxética e de innovación, a función pública e a negociación colectiva, as organizacións sindicais asinantes lograron recuperar a axuda para as persoas en situación de desemprego que deixasen de percibir calquera prestación, agora reducida a 400 euros, e abriron a posibilidade de negociar políticas económicas fundamentais para promover un cambio de modelo produtivo.

 

Non obstante, eses logros foron acompañados de evidentes retrocesos: o aumento da idade de xubilación e do período de cómputo; a persistencia da dualidade do mercado laboral, pois as medidas establecidas para promover a creación de emprego incentivan a creación de traballos a tempo parcial e temporal, así como a aceptación do fondo de capitalización para as persoas traballadoras e todo o relacionado cos ERE, aspectos que xa se incluían na reforma laboral aprobada en 2010 e que, debido ao seu impacto negativo no mercado laboral, provocaran que eses mesmos sindicatos convocaran unha folga xeral o 29S; a aceptación de que a negociación colectiva se realice no ámbito da empresa…

 

En definitiva, uns logros ben liliputienses, cando menos se consideramos o recorte de dereitos que significan, pois as medidas aprobadas supoñen a degradación das políticas redistributivas e dos servizos públicos. Velaí a razón polo que o Acordo Social e Económico é un novo triunfo da patronal..

 

 

Relacionados