Un parlamento de portas pechadas

De non atender esta reclamación o grupo parlamentar verase obrigado a proceder polas vías legamente dispoñibeis contra a referida decisión.

Santiago de Compostela, 25 xaneiro de 2013.- Ante a decisión comunicada verbalmente pola presidenta da Cámara do Parlamento, Pilar Rojo, no día de hoxe durante un encontro cos voceirosdos distintos grupos parlamentar, de prohibir a presenza de cidadáns na tribuna de convidados do hemiciclo durante a sesión plenaria do martes 29 de xaneiro, o grupo parlamentar da AGE remitíu un escrito (do que se adxunta copia) á presidenta no que se insta á rectificar de xeito inmediato esta decisión por considerala unha extralimitación infundada nas súas atribucións.

De non atender esta reclamación, AGE anuncia que procederá polas vías legalmente dispoñíbeis contra a referida decisión e a pauta de conducta da Presidencia, que se traduce en actos inxustificados e que atinxen aos máis elementais principios e normas constitucionais que inspiran e regulan unha democracia parlamentaria.

Relacionados