Un PXOM sen consenso

Indicaba que “semella unha enorme pobreza política, falta de miras e ineficacia en el goberno, pretender aprobar un PXOM sen definir un plan estratéxico de cidade nin un plan de mobilidade sostíbel. EU-V aposta por desenvolver os tres plans conxuntamente para aproveitar sinerxías”. Esquerda Unida quedou excluída expresamente do debate do PXOM convocando o Pleno de forma apresurada, casi por sorpresa nun mes inhábil. O voceiro do grupo, César Santiso non puido participar no Pleno de hoxe. Esquerda Unida – Os Verdes propón que se establezan 15 días no mes de agosto e unha semana en decembro onde non se poidan convocar plenos extraordinarios para que todos os membros da corporación poidan conciliar a súa vida laboral e familiar, e non so os do PP como está a acontecer até o de agora.

O Plan Xeral de Ordenación Urbanística (PXOM) é un elemento vital para definir o tipo de cidade que queremos para o futuro, é dicir en que Coruña viviremos durante as próximas décadas. Precisamente debido a dita importancia, semella fundamental acadar un grande consenso, político e social, así un fito tan importante para a vida municipal non se pode liquidar na semana grande do único mes inhábil que ten o Concello. Xa que logo, O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia a actitude escurantista do PP e o seu pouco espírito democrático, entregando a información no último momento á oposición ou limitando a participación cidadá nun documento fundamental para a cidade.

Pero o peor é que acoden a vericuetos legais para arrebatar o dereito da cidadanía a participares no proceso impedindo a presentación de alegacións e tempo de espera, alegando que o PXOM xa se aprobou inicialmente e esquecendo que logo desa aprobación o documento definitivo sufriu cambios que a veciñanza ten dereito a alegar.

Desde o grupo Municipal de Esquerda Unida – Os Verdes, lamentamos o espectáculo esperpéntico que se presenciou no Pleno extraordinario do día de hoxe. Do mesmo xeito que rexeitamos todos os anos de política especulativa urbanística do PSOE dos gobernos sucesivos do ex-alcalde Paco Vázquez e que foi a orixe da burbulla do ladrillazo que afectou á nosa cidade.

Desde Esquerda Unida indicamos que “semella unha enorme pobreza política, falta de miras e ineficacia en el goberno, pretender aprobar un PXOM sen definir un plan estratéxico de cidade nin un plan de mobilidade sostíbel. EU-V aposta por desenvolver os tres plans conxuntamente para aproveitar sinerxías”. Esta situación ven a demostrar que o goberno municipal nin tan sequera está a valorar o que acontecerá coas 50.000 persoas que supostamente ocuparan as máis de 20.000 vivendas que o plan contempla, en que traballarán? Que plan de reactivación económica ten pensado o goberno municipal para que a cidade sexa atractiva diante de semellante oferta urbanística?, como asegurará o goberno municipal os servizos básicos e a oferta comercial necesaria?, como resolverá os problemas de mobilidade derivados da incorporación de 50.000 novos veciños a unha cidade que xa se caracteriza polo seu grave déficit en mobilidade? Até que punto é rendíbel definir un PXOM sen ter definido previamente un Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostíbel (PIMUS)?

En definitiva son moitas as dúbidas que xorden diante dun PXOM, e todo iso sen entrar a estudar polo miúdo a parte técnica. Esquerda Unida comprométese a analizar punto por punto, folla por folla todo o PXOM para que a cidadanía teña un coñecemento exhaustivo das súas virtudes e as súas eivas algo que obviamente non se pode facer en catro días como pretendeu o goberno local antes do Pleno de hoxe.

 

Relacionados