Unha batalla gañada

As reivindicacións da plantilla reflicten a precariedade e abuso que está a padecer a clase traballadora, onte acadaron o que noutro tempo foi dereito, a ampliación do convenio colectivo neste caso ate o 2017 coa renovación dos dereitos sociais e laborais de traballadoras e traballadores ademais dunha mellora salarial. Nos acordos tamén se recolle que as vacantes dos postos de traballo a tempo completo se realizarán con persoal que se atopa contratado a tempo parcial sendo este turno rotatorio.

135 traballadoras e traballadores que nos veñen a demostrar que a loita debe continuar e que é posible gañar a batalla contra quen nos pretenden sumisos ao seu poder.

 

 

Relacionados