Unha fronte de esquerdas

Así, a coordinadora nacional de EU e candidata á presidencia da Xunta de Galicia, Yolanda Díaz, afirmou que “necesitamos de toda a intelixencia, de toda a forza e de toda a xenerosidade para chegar a puntos de encontro e xerar unha alternativa con todas as voces críticas da esquerda. Deben primar os intereses da cidadanía e non os partidoistas, sobre todo agora que o goberno desenvolve políticas contra a popboación galega”. Así manifestou a vontade de Esquerda Unida a reunirse con todas as organizacións que así o desexen, facendoo sen ningún tipo de prexuízo, mais a posibilidade de acordo entre organizacións depende de confluir na base dun programa. En verbas de César Santiso, a organización busca chegar a un mínimo común múltiplo que sexa capaz de combater as políticas neoliberais que están a levar a ruina ao país e a pobreza á cidadanía. Por iso  Esquerda Unida está a contactar con diferentes colectivos sociais, sindicatos e organizacións políticas de esquerdas coa finalidade de ser capaces de crear un bloque social hexemónico co que frenar esta política de mercados que nos están a impoñer. Yolanda Díaz citou a forzas políticas como a Frete Popular Galega, Equo e Ecogalegistas coas que desenvolverán xuntanzas nos vindeiros días, mais indicou que posteriormente tamén pretende manter xuntanzas con outras organizacións como Esquerda Anticapitalista, Partido Humanista ou Anova Irmandade Nacionalista.

Esquerda Unida, que segundo as enquisas ten asegurada represenación no Parlamento galego, chama á esquerda a conformar unha fronte de longo percorrido porque “atopoámonos nun estado de dereito en suspense, sen soberanía popular”. Xa que logo, a finalidade das xuntanzas con estes colectivos non teñen un obxectivo electoralista. Segundo as enquisas, Esquerda Unida non precisa de coalicións para acadar representación na Cámara galega, pero sí precisa dunha fronte de esquerdas plural capaz de dar esperanza a un país expropiado como é o noso. A esperanza é posible e é necesaria como tamén é necesario un reencontro entre a cidadanía e os políticos, nestes momentos de crise a prioridade é recuperar a dignidade e os dereitos roubados.

A executiva nacional de Esquerda Unida aposta por unha Syriza galega que vaia máis aló dunha coalición clásica en termos electorais porque atopámonos nunha situación extraordinaria ante a que se deben tomar medidas exraordinarias, mais si cabe a partires de setembro coa entrada en vigor das medidas aprobadas por Rajoy e aplaudidas por Feijóo porán cara ao empobrecemento das familias traballadoras.

 

Relacionados