dada o inxustificado alongamento e vacilacións que están a sufrir estas obras, co conseguinte prexuízo para a veciñanza e negocios do barrio. Un calendario de actuacións axustado á premura dos prazos semella fundamental para concluír as actuacións e garantir o seu financiamento.
A reclamación que formula este Grupo Municipal ao Goberno é clara e tallante: basta xa de palabras incumpridas e de darlle a volta ate marear aos proxectos e, xa que logo, acometemento inmediato das actuacións pendentes no barrio para cumprir os dous obxectivos: dotar o barrio dos novos equipamentos e garantir o financiamento da UE dos mesmos, cando os prazos delatan un atraso moi considerable.
En particular, este Grupo Municipal quere chamar outra vez a atención ao Goberno Municipal diante do escandaloso atraso que acumula a reurbanización da rúa Alonso López cos trastornos para a veciñanza que elo supón. Xa vimos denunciando os problemas derivados de deixar parada esta actuacións e cómpre xa rematala.
O Goberno Municipal ten que rectificar e poñerse a traballar. A cidadanía está farta de palabras, prazos e reviravoltas para case nada. A nosa veciñanza reclama o cumpirmento dos compromisos, non o fume da propaganda.