Urbanización do camiño do crego

O Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os Verdes pregunta o goberno local sobre a urbanización do camiño de terra, coñecido como “Camiño do Cura” no Barrio dos Rosales. A AAVV comunicounos na reunión mantida que non se está a levar a cabo a urbanización do chamado “Camiño do cura”, este camiño vai dende a rúa Simón Bolívar (detrás do supermercado DÍA e rodea o campo de fútbol) á praza da nosa Señora dos Rosales, propiedade do Arcebispado. Este camiño foi servidume de paso e ten uns corenta metros aproximadamente. O estado do camiño é moi deficiente, agravándose en épocas de choivas, o que o fai intransitable e perigoso; dende a AAVV presentáronse diversos escritos ó concello e recolléronse 1059 firmas que se presentaron por Rexistro en xullo do 2012, apoiando a solicitude de arranxo de devandito camiño.

Por todo isto preguntamos o goberno sobre cales son as medidas que teñen pensado levar a cabo para arranxar o “Camiño do Cura” e cando.

Esquerda Unida esixe a urbanización do camiño do cura pola perigosidade para a veciñanza sobre todo en épocas de choiva, a veciñanza do barrio dos Rosales utiliza este camiño coma atallo pero que non esta acondicionado, falla luz, arrombar o camiño, canalizar, etc. A resposta do Concello, unha vez recibida a solicitude de urbanización da veciñanza, foi negativa xa que ao realizar o estudo técnico para o seu arranxo, compróbase que devandito terreo é privado, da empresa Petrogal, S.A, a raíz do acordo de permuta do terreo entre o concello e a empresa para construír unha gasolineira. A asociación veciñal informounos de que o problema é que estes acordos foron establecidos co último goberno de Francisco Vázquez do PSOE, e o actual goberno non atopa a documentación correspondente a dito acordo entre o concello e a empresa Petrogal, S.A.

O voceiro de EU-V, César Santiso, subliñou a necesidade de apoiar á veciñanza do barrio nas súas demandas e non nas identificadas polo actual goberno xa que non se corresponden, dende a asociación fannos saber que das demandas presentadas no concello en xullo de 2011 e durante todo ano 2012 non son tidas en conta polo goberno local, que nin contesta nin soluciona os verdadeiros problemas do barrio dos Rosales.

Relacionados