De igual forma plantexou elaborar un proxecto modificado da memoria de urbanización vixente antes do día 13 de novembro, o que non entrogou a día de hoxe.
Ante esta situación entendemos que o Concello debería facer unha valoración dos traballos que se autorizaron e están pendentes de execución por parte da promotora, así como dos costes das obras necesarias para adecuar o executado ó proxecto modificado de urbanización vixente.
Polo cal, O Concello Pleno
ACORDA:
1.- Instar ó goberno local a facer unha valoración dos traballos que seautorizaron e están pendentes de execución conforme ó proxecto reformado de urbanización vixente.
2.- Instar ó goberno local a facer unha valoración dos coste que suporía adecuar o realizado ó proxecto reformado de urbanización vixente.
3.- Dirixirse novamente á promotora inmboliaria para que envie o modificado do proxecto reformado de urbanización tal e como se comprometeu.