Urinarios públicos

que no seu artigo 6.6 prohíbe ouriñar na rúa pública tipificándoa como infracción grave no artigo 92 da mesma ordenanza.

Esquerda Unida ten que afearlle ao concelleiro que se desentenda das  dotacións  públicas que deben acompañar aos preceptos da ordenanza. Para Esquerda Unida outrosí de facer fincapé na educación pública que todas e todos nos debemos como cidadanía  cómpre contar coas instalación públicas que faciliten o cumprimento da norma. Do contrario, semella que o Goberno Municipal busca só  recadar cartos mais que acadar os obxectivos da norma: coidar da limpeza da cidade.

Esquerda Unida reitera, xa que logo, a demanda formulada tempo atrás para que dende o concello municipal se proceda  a elaborar un plano de instalacións nos diferentes espazos públicos da cidade onde se deban instalar estes retretes públicos, xunto  o desenvolvemento das conseguintes campañas públicas de concienciación social no que atinxe a preservar a limpeza da nosa cidade.

Xa en febreiro deste ano, Esquerda Unida animou ao Goberno Municipal a dar pasos para colmar esta eiva no mobiliario urbano da nosa cidade. Esquerda Unida entende que nese esforzo por dotar de estas instalacións a trama urbana da cidade, o Goberno Municipal ten que facer un tratamento diferenciado e prioritario  para os sanitarios de nenas e nenos, nas zonas de xogo e parques e naquelas onde hai unha meirande presenza continuada de pequenos e pequenas.  Cómpre priorizar aos colectivos que máis precisan destes equipamentos.

Relacionados