Uso vivenda pública

Pero unha vez máis na nosa cidade demóstrase a faciana antisocial do PP, ó permitir á Xunta que un piso da súa propiedade sexa subastado dado que, segundo o criterio conservador do Partido Popular, non o necesitan para uso público.

É inadmisible e lamentable, máis aínda no momento de crise no que nos atopamos, que unha Administración Pública declare que a unha vivenda sexa imposible darlle un uso público, e deixar este patrimonio da cidadanía nas mans do lucro privado da especulación urbanística.

Para o Consello Comarcal de EU Compostela é ofensivo que nin se valore como necesario darlle a utilidade pública a este piso. Existen varias posibilidades das que podemos apuntar: a) como residencia temporal para persoas desafiuzadas até que se atope unha solución a súa situación; b) residencia para persoas universitarias que acredite a necesidade de solicitar un aluguer social para poder continuar cos estudos; c) residencia para mulleres vítimas da vilenia machista; d) pese a distancia, como lugar de repouso para os galegos e galegas que teñan un familiar ingresado por longa duración no Hospital.

Son algunha das utilidades públicas que, para este ou calquera outro inmoble baleiro das distintas Administracións Públicas, mediante o pertinente debate con tecido asociativo da cidade, se lle pode e debe atopar mellor futuro que a simple subasta.

Por suposto non só o PP da Xunta é culpable deste senrazón, pois o goberno local do PP sabía algo desta actuación e apóiaa, ou simplemente non se percata do que acontece na cidade goberna.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

1) Apoia o goberno local a medida que vai levar a cabo a Xunta?

2) En caso negativo, cal vai ser a política do goberno local neste caso?

3) Procederá o Concello a un exhaustivo e continuado estudo das propiedades públicas da cidade en desuso para buscarlle, tralo debate pertinente, unha utilidade pública?

Relacionados