Valedor do pobo

 

Para o coordinador local de EU e cabeza de lista da formación de esquerdas nas municipais de 2011, Rubén Pérez, as informacións aparecidas de que partidas orzamentarias da Xunta adicadas ó centro de inclusión social en Vigo (futuro albergue) acaben en ladrillo, formigón e lousas.

 

As humanizacións en Vigo están sendo xa unha vergoña e escarnio público, un despilfarro propio de un concello delirante como a Marbella de Jesús Gil. Para o coordinador local de EU Rubén Pérez “da vergoña asistir a recreación de inauguracións despilfarradoras, onde “estómagos agradecidos” aplauden ó alcalde como posesos, con zancudos, pianistas e outras lindezas mentres decenas de persoas dormen nos portais da nosa cidade ou non dispoñen dos servicios sociais básicos garantizados.

 

ESQUERDA UNIDA denunciou a oficina do DEFENSOR DEL PUEBLO a inexistencia dun albergue en Vigo e esta semana a mesma informou de que vai pedir un informe deste feito ó concello de Vigo. Sabemos, engadiu Rubén Pérez que esto sirve de ben pouco, pero alomenos facemos público en todo o Estado a vergoña da actuación da actual corporación municipal e da oposición.

 

Non existe, engadiu o candidato de EU nas vindeiras eleccións municipais, nada máis urxente nesta cidade que evitar a exclusión social e as mortes de persoas en situación de rúa na nosa cidade. Por humanidade e porque estas, e non a colocación de macetas, son as políticas que diferencian á esquerda da dereita.

Relacionados