En primeiro lugar queremos salientar que o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta decatarse pola prensa do avance sobre os orzamentos en lugar de que o Goberno municipal informase previamente á oposición. Este feito constitúe unha grave falta de lealdade institucional e a constatación do escaso talante democrático e a falta de transparencia do PP. Cabe recordar que tanto Goberno municipal como oposición formamos parte da Corporación, polo que resulta vergoñento que a información a reciban primeiro os medios de comunicación, máis se cabe cando o propio PP criticaba este tipo de accións cando estaba na oposición.
Esquerda Unida denomina “orzamentos do paro” a unha proposta cuns paupérrimos investimentos para reactivar a economía local e a renuncia expresa a fomentar o cambio do modelo produtivo. Pois o balance en canto ao investimentos para fomentar a economía produtiva é desalentador: tan so uns exiguos 700.000 € para dinamizar o comercio local, sen medidas de apoio a PEME e autónomos, sen plan de apoio a emprendedores, sen medidas encamiñadas a fomentar o cambio do modelo produtivo.
Por contra, os orzamentos do PP repiten os erros de anteriores gobernos locais, hipotecando as arcas municipais en obras faraónicas que nunca retornaran os investimentos comprometidos. Nesta ocasión a construción do túnel do Parrote para o soterramento do tráfico, amosa o afastado que se atopa o Goberno municipal das necesidades da veciñanza. O proxecto estrela do Goberno Municipal, que outrora podería ser un investimento, é un malgasto en tempos de crise e desemprego, pois o investimento en infraestruturas non é rendíbel en termos de creación de emprego como demostraron as erráticas apostas do Goberno central do PSOE, tampouco o é en termos sociais pois o aumento da calidade de vida dos coruñeses e coruñesas e insignificante diante dunha actuación que na primeira parte comprometerá o equivalente a un 10% do orzamento anual e no seu conxunto suporá ducias de millóns de euros para engordar as contas das empresas constructoras afondando no insustentábel modelo produtivo do ladrillo e o formigón que nos meteu nesta crise salvaxe en lugar de fomentar o cambio do modelo produtivo, reactivar a economía local e crear emprego que é o que queren os coruñeses.
Esquerda Unida utilizaría os tres millóns que va a malgastar o Concello este primeiro ano nesta innecesaria obra para investir en servizos sociais, que ademais de mellorar a calidade de vidas da veciñanza, xera o dobre de emprego que os investimentos en infraestruturas, como demostran diversos análises económicos.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a semellanza entre estes orzamentos e os anteriores evidencian a similitude das políticas de PP e PSOE. Políticas fracasadas incapaces de facernos saír da crise”.
César Santiso citou, ademais dos erráticos investimentos en infraestruturas, ou endebedamento do Concello que volta a necesitar un préstamo bancario duns 11 millóns e medio de euros que o propio alcalde xustificou “como era habitual en años anteriores”, a pesares de ser unha crítica constante aos anteriores gobernos cando o PP estaba na oposición. “Feito cheo de hipocrisía”, segundo Santiso, pois en campaña electoral avoga por unha mellor xestión dos gastos supérfulos para financiar novos investimentos cos recursos aforros, evitando así a necesidade de endeudamento, o que “constitúe unha boa proba de que para o PP do dito ao feito hai un grande treito”.
Por último, Santiso indicou que “a falta de poder estudar as partidas en profundade, entendemos que ao contrario do que falazmente anuncia o Goberno municipal o gasto social descende en termos reais, así anuncia un incremento das partidas destinadas a servizos sociais nun 2,66%, máis este incrremento non cubre nin tan sequera o incremento de prezos derivado do interanual IPC, que no mes de outubro xa vai polo 3,1%. Asemade o PP non pode xustificar cun incremento do 2,66% os radicais recortes nos orzamentos da Xunta de Galicia no que se refire a gasto social e o incremento exponencial das necesidades da cidadanía destes recursos por mor a crise económica e os altos índices de desemprego que esta a afogar as familias traballadoras coruñesas.